Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este xoves arranca en Tui a programación do verán coa proxección do filme de animación “Canta!”

18/07/2017

Ás 22.30 h a praza de San Fernando converterase nun cinema ao aire libre

Esta semana comeza en Tui a programación do verán incluída na Axenda Corredoira Cultural. Será este xoves, 20 de xullo, ás 22.30h na praza de San Fernando coa proxección da película “Canta!”, un filme de animación para toda a familia.

Buster Moon é un optimista koala que pretende salvar o seu teatro, un local que coñeceu tempos mellores. Para sacalo a flote decide organizar un concurso de canto polo que irán pasando distintos animais.

O cine na rúa continuará no mes de agosto coas proxeccións de “Los Pitufos. La aldea escondida”, “Mascotas” e “ Trolls”. En caso de choiva todas as proxeccións serán no Teatro Municipal. O aforamento é limitado e cada persoa poderá retirar dúas entradas de balde media hora antes do inicio da proxección.

 

Cinema de Verán – Proxección de Canta!

Lugar: Praza de San Fernando

Data: Xoves, 20 de xullo, ás 22.30h

Entrada de balde

* En caso de choiva a proxección será no Teatro Municipal.  Nese caso o aforamento será limitado, debendo retirarse dende ás 22h un máximo de 2 entradas por persoa.