Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornada de Campo a Través en Tui

30/11/2010

 

Xornada de Campo a Través en Tui

Na mañá do sábado 27 celebrouse a proba de Campo a Través, incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte e organizada pola Agrupación Deportiva de Base do Baixo Miño (AGRUDEBAM) en colaboración co Concello de Tui, a Entidade Menor de Pazos de Reis, o Parque Natural Monte Aloia e o Club Atletismo Tui.

Ao redor de 400 nenos e nenas de categorías benxamín a cadete, procedentes de colexios e clubs de Tui, Tomiño, O Rosal e Porriño, déronse cita nas instalacións da Macoca para participar nesta proba.

Na páxina www.agrudebam.es poderanse consultar os resultados así como ver a reportaxe fotográfica do evento deportivo.

Dende o Concello de Tui quérese agradecer á Secretaría Xeral para o Deporte, AGRUDEBAM, Entidade Menor de Pazos de Reis, Parque Natural Monte Aloia, Club de Atletismo Tui, Protección Civil, Cruz Vermella de Portugal, Supermercados FROIZ e Pastelerías Martínez, a súa colaboración para que esta proba deportiva fose un éxito organizativo.