Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Voluntariado en Campos de Traballo

26/04/2011

DIRECCION XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

 

CAMPOS DE TRABALLO

Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc. Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:

·                    Culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).

·                    Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).

·                    De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público).

·                    Sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade).

·                    Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos).

 

Información, inscrición e reserva de praza:

O prazo para a reserva das prazas comezará o día 26 de abril. As inscricións faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado chamando aos teléfonos 981544838 ou 981544840. Tamén se poderán facer nos servizos de xuventude e voluntariado e oficinas locais das xefaturas territoriais de Traballo e Benestar, persoalmente ou por teléfono, en horario de 09.00 a 14.00 h de luns a venres.

As prazas en campos de traballo no estranxeiro poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 12 de maio (inclusive).

·                    As prazas en campos de traballo nas comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 18 de maio (inclusive).

·                    As prazas nos campos de traballo en Galicia, mentres existan vacantes, poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.


Durante os cinco primeiros días do prazo de inscrición, o voluntario ou voluntaria só se poderá inscribir nun campo de traballo, ou só poderá figurar nunha lista de espera, no caso de que non obtivese praza no campo que lle interesa. En cada chamada telefónica poderá reservar dúas prazas.