Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visita do Apalpador e proxección de Holy Night! Noche de paz? este xoves en Tui

20/12/2016

A primeira cita será ás 11h na Biblioteca e a proxección de cinema ás 19h no Teatro

 

Dobre proposta para os máis pequenos este xoves, 22 de decembro, en Tui coa visita do Apalpador á Biblioteca Municipal e a proxección dunha película de animación.

A primeira cita será ás 11h na sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Tui  a onde chega o Apalpador dentro do programa 'Nadal en Galego' da Deputación en colaboración neste caso co Concello de Tui.  Pequenos e maiores poderán disfrutar dun espectáculo eminentemente musical que inclúe ao propio Apalpador, a un  músico cun acordeón e a un burro fariñeiro, feito en madeira de bidueiro, a través da que se convida aos nenos e nenas a subirse á montura por quendas e viaxar con eles. A 'viaxe' consiste nun percorrido polas lendas da cultura das montañas galegas, para coñecer os animais do bosque e a natureza propia de zonas como O Courel e Os Ancares.  A entrada é de balde até completar o aforamento.

Xa ás 19h no Teatro Municipal de Tui  dentro da programación cultural organizada pola Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui proxectarase a película de cinema infantil “Holy Night! Noche de Paz?”.  O filme producido por Dygra Films e dirixido por Juan Galiñanes estivo nominado aos premios Goya coma mellor película de animación.   Ao longo de 90 minutos, este filme en castelán, achéganos ao que acontece ante as proximidade do Nadal cando desaparece o trineo de Papa Noel e é secuestrado o neno Xesús. Isto provoca o enfrontamento entre o mundo da árbore de Nadal e o do Portal de Belén, aínda que a verdadeira reponsable será a ovella Rita. Ás entradas están xa á venda ata o xoves ás 12h en www.culturatui.info ou o xoves dende ás 17.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.