Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un grupo de 17 periodistas visitaron onte a cidade de Tui

25/11/2010

UN GRUPO DE 17 PERIODISTAS VISITARON ONTE A CIDADE DE TUI

Xoves, 25 de novembro de 2010. O Concelleiro de Cultura e Primeiro Tenente de Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, recibiu na mañá de onte a un grupo de 17 xornalista procedentes de toda España que visitaron a nosa cidade no decurso do seu percorrido polos principais enclaves turísticos e patrimoniais da nosa comunidade autónoma nunca estadía organizado polo Real Automóvil Club de España (RACE) para amosarlles diversos avances mecánicos no mundo da automoción.

O programa deste grupo de xornalistas abranguía, amais das demostracións que realizaba o RACE, unha visita guiada á Catedral e ao conxunto histórico da nosa cidade así coma un percorrido polo río Miño a bordo do catamarán turístico da empresa Aquamiño que colaborou con esta iniciativa.

Rodríguez Pérez salienta a importancia destas visitas de grupos de xornalistas que dende diversas procedencias achéganse ata a nosa cidade para coñecer os seus recursos turísticos e patrimoniais de cara a ampla as ofertas que eles logo publican nos seus diversos medios de comunicación. É sempre unha constante a sorpresa que levan todos no seu percorrido pola nosa cidade que os cativa cos seus monumentos e a súa paisaxe.

Na visita celebrada onte participaban xunto ao persoal do Real Automóvil Club de España xornalistas de diversos medios audiovisuais: TVE 1, Antena 3 Televisión, Cuatro, Tele Cinco, Tele Madrid, TVG, etc.

O concelleiro tudense agradece ao RACE a organización desta visita á nosa cidade así como a empresa Aquamiño e a Catedral de Tui a súa colaboración na acollida a este grupo de xornalista, nunha estadía na que estiveron acompañados polas bolseiras da Oficina Municipal de Turismo da nosa cidade.