Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui sede oficial das seleccións galegas de baloncesto de categorías inferiores

26/10/2011

O acordo firmarase o xoves 27 de outubro, ás 11.30 horas, no Salón de Concelleiros do Concello de Tui

O Concello de Tui e a Federación Galega de Baloncesto firmarán o acordo de colaboración entre as dúas institucións, pola que realizaranse en Tui as concentracións das seleccións galegas de baloncesto en categorías inferiores.

Ao mesmo asistirán o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Picó e o Concelleiro de Deportes do Concello de Tui, Nicolás Lorenzo Montes.