Tui despide o Entriodo co "Enterro do Bacallau" o domingo ás 19,30 h.
10/02/2008
Tui despide o Entroido co "Enterro do Bacallau" o domingo ás 19,30 h.
Tui despide este domingo o Entroido en Tui co Enterro do Bacallau, que partirá da Praza de San Fernando, ás 19.30 h, percorrendo ás rúas Seixas, Ordóñez e Paseo da Corredoira, onde se fará unha parada no Cantón de Diómedes para ler as coplas, debéndose entregar previamente unha copia á organización, coa cara descuberta, por parte das comparsas que así o desexen.
O percorrido do enterro continuará pola Praza da Inmaculada, Augusto González Besada, enlace travesía de Ourense e Aparcamento Municipal, onde se procederá á cerimonia do enterro mediante incineración.