Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui agarda a miles de persoas para disfrutar do Luns de San Telmo

8/04/2018

A feira cabalar e a procesión do santo serán actos multitudinarios

As festas na honra a San Telmo en Tui tocan ao seu fin tras dez días de actividades. Mañá luns, festivo local na cidade, será o día grande con diversos actos deportivos, musicais, sociais, relixiosos, ao longo de toda a xornada. Un día no que se agardan a miles de persoas na cidade para participar e gozar do día grande das festas.

O programa comeza na rúa Loureiro no barrio de San Bartolomeu coa centenaria Feira Cabalar de San Telmo na que participarán centos de persoas. Dende primeira hora da xornada comezará a actividade con Poni Club, exhibición de saltos, xincana de velocidade, habilidade e manexo do cabalo. Amais a Asociación Pura Raza Cabalo Galego realizará unha presentación das características morfolóxicas e os usos e funcionalidade do Cabalo de Pura Raza Galega, e a Sección de Doma Alta Escola de Galicia realizará unha serie de exercicios en alta escola e unha exhibición de monta antiga á amazona.

As rúas de Tui contarán nunha nova xornada coa amenización musical a cargo da charanga Cantos Somos. Amais ás 18h na praza de San Fernando ofrecerá un concerto a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, que será cancelado en caso de choiva.

O salón de actos do Seminario Menor, no Paseo da Corredoira, acollerá ás 18h a charla coloquio "Celta. Presente e futuro" coa participación de Maxi Gómez e Stanislav Lobotka, xogadores do R.C. Celta - Felipe Miñambres, director deportivo.

Amais ás 19.00 h entrará no centro urbano a Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo realizará a homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.

A Orquestra Panorama amenizará a verbena na rúa Compostela co seu espectáculo DELUXE TOUR 2018.

-No eido relixioso dende ás 8h celebraranse misa na igrexa de San Telmo, ás 11h na Catedral celebrarase a misa na honra á San Telmo con posterior procesión, e o acto máis destacado ten lugar ás 21h coa solemne procesión na que participan as imaxes dos santos e  virxes venerados nas distintas parroquias tudenses,  xunto a unha nutrida representación de autoridades civís, militares e relixiosas. Participan tamén a Banda de Música Popular de Tui, a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín,  a BRILAT, e este ano coma novidade a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.  Coma fin de festa haberá unha tirada de fogos de lucería.

Programación Festas de San Telmo – Luns, 9 de abril (Festivo Local)

  • 9.00 h En San Bartolomeu Feira Cabalar de San Telmo. Actividades todo o día.
    • 10.30.- Poni Club (2 ponis para que os nenos poidan montar a cabalo)
    • 11.00h.- Exhibición de saltos
    • 12.00h.-A Sección de Doma Alta Escola de Galicia realizará unha serie de exercicios en alta escola e unha exhibición de monta antiga á amazona
    • 13.30h.- Xincana de velocidade, habilidade e manexo do cabalo

    11.00 h Na Catedral misa na honra a San Telmo e procesión pola Coronilla.

  • 12.00-14.00 h Polas rúas de Tui actuación da Charanga “Cantos Somos”.
  • 18.00 h Na Praza de San Fernando concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.*En caso de choiva cancelarase.
  • ​18.00 h No salón de actos do Seminario Menor no Paseo da Corredoira charla coloquio "Celta. Presente e futuro" coa participación de Maxi Gómez e Stanislav Lobotka, xogadores do R.C. Celta - Felipe Miñambres, director deportivo.
  • 19.00 h Dende Praza Galicia, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, na Praza de San Telmo homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
  • ​20.00-21.00 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Panorama.
  • 21.00 h Solemne procesión de San Telmo.
  • 23:30 h Tirada de fogos de artificio.
  • 23.30-01.30 h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Panorama.