Tribunal e data do exame en relación co proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun profesor de trompeta
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:
En relación co proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo parcial DUN PROFESOR DE TROMPETA, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D José María Melero González.
-Vocais: *Dna. Miriam Buján Garrido.
*D. Rafael Sánchez Bargiela.
*D. José Ángel Fernández Rodríguez.
-Secretaria: *Dna. Irene Suárez Lopez.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes para o día 30 de setembro de 2010, ás 13:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vintenove de setmbro de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE