Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Títeres Tanxarina presenta “Ah, ah, ah estamos monstros de risa”. Será este venres ás 20h no Teatro Municipal

19/10/2010

Será este venres ás 20h no Teatro Municipal
Títeres Tanxarina presenta “Ah, ah, ah estamos monstros de risa”
Recomendada para público familiar a partir de 5 anos ten unha duración de 50 minutos

      




Martes, 19 de outubro de 2010
. Un espectáculo infantil de monicreques de fíos e actores é que o chega este venres ao Teatro Municipal de Tui dan man da compañía redondelá Tanxarina Teatro. Van representar ás 20h a obra “Ah, ah, ah estamos monstros de risa” escrita por Luís Cuntín e Cándido Pazo. Está dirixida a público familiar a partir dos 5 anos e ten 50 minutos de duración.

“Ah, ah, ah estamos monstros de risa” ten coma protagonistas ao profesor Frankestein e ao seu axudante Igor. Este último na ausencia do profesor decide montar unha barraca de feira co monstro que o seu amo estuda no laboratorio. Ao regreso de Frankestein prodúcense unha serie de situación cómicas nas que se mostran as personalidades destes dous entrañables personaxes acompañados polas extraordinarias criaturas que o profesor estuda, e que teñen habilidades incribles.

Títeres Tanxarina fundouse en 1983 e dende entón converteuse nunha das formacións máis recoñecidas e prestigiosas do teatro de monicreques en galego tanto dentro coma fóra de Galicia. A súa presenza é habitual en festivais de teatro tanto en España, coma no resto de Europa e mesmo en América

As entradas para esta representación están xa á venda en www.culturatui.info ao prezo de 3€ e 2€ ou pódense adquirir o propio venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica.

Tanxarina Teatro con “Ah, ah, ah estamos monstros de risa”
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Venres, 22 de outubro ás 20h
Entradas: 3€ - 2€
Venda de localidades: en www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica
www.tanxarina.es