Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Suspendido o Concurso Hípico polas adversas condicións meteorolóxicas

13/04/2012

O I Concurso Hípico que ía celebrarse este sábado pola mañá foi suspendido ante as adversas condicións meteorolóxicas previstas. A choiva caída nos últimos días, xunto a que se prevé caerá na mañá do sábado fan que a pista onde se ía celebrar a competición de saltos non presente as condicións idóneas de seguridade para os participantes.

 

O Club Hípico Equigalia e o Concello de Tui estudarán outra data para celebrar este Concurso Hípico aprazado agora polas malas condicións climatolóxicas.