Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Suspendida a función de Títeres Tanxarina prevista para esta noite

22/10/2010

Suspendida a función de Títeres Tanxarina prevista para esta noite

Venres, 22 de outubro de 2010. A Concellería de Cultura de Tui informa da suspensión da función de Títeres Tanxarina prevista para ás oito desta tarde, por causas alleas á este departamento.

Problemas familiares dun dos actores da compañía son os que levan a suspensión desta representación. Dende a Concellería de Cultura infórmase a todas aquelas persoas que tivesen adquirido a súa entrada que lles serán devoltos os cartos, para o que este departamento se porá en contacto con eles.

Dende a Concellería de Cultura prégase disculpen as molestias.