Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Resolución praza aux. administrativo a tempo parcial

30/03/2011


DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ SECRETARIA DO  EXCMO. CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:


 


"RESOLUCIÓN  DA ALCALDÍA"

 

Visto que con data 18 de marzo de 2011, convocóuse proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun auxiliar administrativo para a súa cobertura na modalidade de interinidade motivándose tal convocatoria na situación de incapacidade laboral temporal do titular da praza.

Visto que o periodo de contratación se condicionaba á incorporación do traballador.

Visto que con data 25 de marzo de 2011, finalizou o prazo de presentación de instancias para o devandito proceso de selección.

Visto que con data 28 de marzo de 2011, a traballadora en situación de baixa por incapacidade temporal presenta a alta médica e consiguiente incorporación o seu posto de traballo, e por todo o anterior,

 

RESOLVO:

 

Primeiro.- Deixar sen efecto á convocatoria de data 18 de marzo de 2011, con fundamento nos motivos arriba expresado.

 

Segundo.- Que se proceda á devolución das tasas por dereitos de exame a tódolos aspirantes que abonaran as mesmas para a súa presentación ao proceso de selección.

 

Terceiro.- Dar traslado da presente Resolución ao departamento de Tesourería para que proceda á citada devolución.

 

Cuarto.- Que se proceda á publicación desta Resolución para  público coñecemento.

 

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vintenove de marzo de dous mil once.

 

Visto e Prace

O ALCALDE