Resolución da Alcaldía sobre Proceso de selección para laboral temporal dun OPERARIO DE MANTEMENTO para a piscina municipal
DONA IRENE SÚAREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, ditouse a seguinte RESOLUCIÓN:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso de selección para a contratación laboral temporal de DUN OPERARIO DE MANTEMENTO A TEMPO COMPLETO para a piscina municipal do Concello de Tui, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *-D. Ignacio Álvarez Martínez.
-Vogais: *- D. Jesús Fernández Dios.
*- D. José María Melero González.
*- D. Benito Morais Carballo
-Secretario: *-D. José Ángel Fernández Rodríguez.
2º.- Declarar admitidos a todolos presentados.
3º.- Convocar ó Tribunal e ós aspirantes para a realización das probas o día 17 de xuño de 2011 ás 09,00 horas nas dependencias da Casa Consistorial.
E para que así conste, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, expido a presente, en Tui, a 15 de xuño de 2011.
Visto e Prace
O ALCALDE