Resolución Alcaldía proceso selección contratación laboral temporal tempo completo titulado superior para turismo, deporte, cultura e medios de comunicación
D. JOSE ANGEL FERNANDEZ RODRIGUEZ, SECRETARIO ACCIDENTAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI
CERTIFICO: Que con esta mesma data, por parte da Alcaldía ditouse o decreto que se transcribe literalmente.
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo completo dun titulado superior para a obra “turismo, deporte, cultura e medios de comunicación” – programas de cooperación, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
· Presidente: D. Rafael Sánchez Bargiela.
· Vogais: D. Francisco Javier Antoñón Clemente.
D. Myriam Buján Garrido.
D. Jose Angel Fernández Rodríguez.
· Secretaria: D. Ceferina Sáa Rodríguez.
SEGUNDO.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
TERCEIRO.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes, para a realización das probas o día 30 de xuño de 2011 as 9:30 horas nas dependencias da Casa Consistorial do Concello de Tui, sito na Pz. do Concello nº 1, para a realización do proceso de selección.”
E para que así conste, expido a presente de orden e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vinte e nove de xuño de dous mil once.
Vº e Pº
O Alcalde O Secretario actal.
Don Moisés Rodríguez Pérez Jose Angel Fernández Rodríguez
Taboleiro