Resolución Alcaldía proceso selección contratación laboral temporal tempo completo de 2 oficiais de segunda para “mantemento camiño Portugués e limpeza de areas verdes urbanas”
D. JOSE ANGEL FERNANDEZ RODRIGUEZ, SECRETARIO ACCIDENTAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI
CERTIFICO: Que con esta mesma data, por parte da Alcaldía ditouse o decreto que se transcribe literalmente.
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo completo de dous oficiais de segunda para a obra “mantemento camiño Portugués e limpeza de areas verdes urbanas” – programas de cooperación, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
· Presidente: D.José María Melero González.
· Vogais: D. José Blanco Lago.
D. Manuel Fernández Fernández.
D. Evaristo Rodríguez Castiñeira
· Secretaria: D. Ceferina Sáa Rodríguez.
SEGUNDO.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
TERCEIRO.- Convocar, ó Tribunal e os aspirantes para a realización das probas o día 29 de xuño de 2011 as 13,30 horas nas dependencias do Centro de Formación do Concello de Tui, sito en A Gándara, Guillarei S/N, para a realización do proceso de selección.”
E para que así conste, expido a presente de orden e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vinte e oito de xuño de dous mil once.
Vº e Pº
O Alcalde O Secretario actal.
Don Moisés Rodríguez Pérez Jose Angel Fernández