Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción mañá aos alumnos de Tui e Valença que participan nunha actividade conxunta “Roteiro Educación na Primeira Infancia”

19/04/2012

A Concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodriguez Pereira, e o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo Montes, recibirán mañá ás 12,00 na Casa do Concello de Tui aos cen alumnos de de Tui e Valença que participan nunha actividade conxunta titulada “Roteiro educación na Primeira Infancia” organizado polo CEIP nº 2 de Tui e a Escola Primaria de Valença. En concreto son os alumnos de 4º curso de ambos centros educativos os que compartirán esta xornada.