Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción aos remeiros do Club "First and Third, Trinity College Boat Club", da Universidade de Cambridge mañá ás 18h na Casa do Concello de Tui

9/01/2017

Mañá martes, 10 de xaneiro, ás 18h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar unha recepción oficial aos remeiros Club "First and Third, Trinity College Boat Club", da Universidade de Cambridge. Estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, xunto a membros da corporación municipal.

Dende o pasado venres, 6 de xaneiro, están en Tui  37 deportistas do First and Third, Trinity College Boat Club, o club máis antigo e grande da Universidade de Cambridge, xunto a 8 directivos.  Ata este sábado realizan tres adestramentos diarios en augas do río Miño xunto co club Remo do Miño.