Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Puntuacións finais do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun Profesor de Piano, Harmonía e Analise para o Conservatorio Profesional e para a Escola Municipal de Música de Tui.

11/11/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, Secretaria do tribunal avaliador para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun Profesor de Piano, Harmonía e Analise para o Conservatorio Profesional e para a Escola Municipal de Música de Tui.

CERTIFICA:

Que por unanimidade dos membros do tribunal do proceso selectivo de referencia outorgáronse as seguintes puntuacións ós aspirantes presentados:

 

ASPIRANTES

Fase de méritos

Fase oposición

Total oposición

Total

---------------------

---------------

Teórico

Galego

-----------

----------

Beatriz Cristobal Calvo

1,00

8,50

3,00

5,30

6,30

 

A puntuación reflictida na fase de oposición é o resultado da conversión da nota obtida á porcentaxe que como máximo se pode obter nesta fase (sesenta por cento da puntuación total a acadar polos aspirantes no proceso de selección).
Á vista das puntuacións obtidas e de conformidade co estipulado nas bases da convocatoria proponse á Alcaldía para a súa contratación como Profesor de Piano, Harmonía e Analise a:

*-D.BEATRIZ CRISTOBAL CALVO, DNI nº 065771716-H

No prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da publicación desta certificación no Taboleiro de Anuncios o aspirante proposto deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, para acceder ao posto de traballo perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

 

E para que conste, expido a presente certificación en Tui, a dez de novembro de dous mil dez.

A SECRETARIA DO TRIBUNAL