Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programación conxunta de Valença e Tui nas “Xornadas europeas de Patrimonio”

22/09/2010

PROGRAMACIÒN CONXUNTA DE VALENÇA E TUI NAS “XORNADAS EUROPEAS DE PATRIMONIO”

A Camara Municipal de Valença do Minho e o Concello de Tui teñen acordado a elaboración dun programa conxunto para a celebración en ambas cidades das Xornadas Europeas de Patrimonio, que discorrerán en Valença o vindeiro venres 24 de setembro e na cidade tudense na seguinte fin de semana, concretamente os días 2 e 3 de outubro.
Dende o ano 1991 desenvólvese a celebración destas xornadas en 49 países desde vello continente europeo, As Xornadas Europeas de Patrimonio foron ideadas en Granada en 1985 no decurso da 2ª Conferencia Europea de Ministros responsables do patrimonio cultural, tras a suxestión do Ministro de cultura francés que propuxo estender a experiencia de portas abertas nos monumentos que celebrábase en Francia anualmente. Dende aquela numerosos países se teñen sumado a esta iniciativa que en 1991 foi instituída oficialmente polo Consello de Europa e dende 199e converteuse nunha acción conxunta coa Unión Europea.
O Concello de Tui celebra por cuarto ano consecutivo esta iniciativa que tenta poñer en valor o patrimonio cultural da nosa cidade inxeríndoa nas iniciativas que ao respecto existen por Europa adiante. Cómpre subliñar que o Concello de Tui é a única institución en Galicia que participa nesta Xornada, que coordina en España o Ministerio de Cultura.
Neste ano para afondar na colaboración iniciada coa Câmara Municipal de Valença do Minho acordouse a celebración conxunta desta xornada, que en Portugal celébrase nesta vindeira fin de semana baixo o lema “Património: uma carta da historia”, namentres que en España a celebración adíase á primeira fin de semana de outubro escollendo lema de “El patrimonio cultural del siglo XX”.
Na mañá de hoxe mércores, 22 de outubro, celebrouse no Concello tudense unha rolda de prensa na que participaron Jose Monte, vereador do Pelouro de Cultura da Câmara Municipal de Valença do Minho, e o Moisés Rodríguez Pérez, concelleiro de cultura do Concello de Tui. No decurso da mesma presentaron o programa de actividades previsto
Ambos munícipes amosaron a súa satisfacción por esta actividade conxunta que amosa o bo ritmo de traballo que vai acadando a cooperación cultural entre ambos municipios miñotos.
Moisés Rodriguez comentou tamén a felicitación que ambos concellos teñen recibido dende o Ministerio de Cultura do Goberno de España por esta iniciativa de cooperación que se enmarca axeitadamente nos obxectivos das Xornadas Europeas de Patrimonio, fomentando a valorización do ricaz patrimonio común e “transcendendo as fronteiras nacionais reforzar o sentimento europeo de compartir unha mesma identidade”.

PROGRAMA

VALENÇA DO MINHO
24 de setembro

III Percurso Turistico Cultural Nocturno
21h30 - Núcleo Museológico de Valença, visita guiada à exposição das  “UNIDADES MILITARES DE VALENÇA - SÉCULO XVII -XX " e aos Baluartes: S. Francisco, Carmo, Socorro

22h15 - Tertulia  com a intervenção de Major Alberto Magno Pereira de Castro e Coronel Pereira de Carvalho, intitulada " A vida social e cultural na Praça - Forte nos Séculos XVII, XVIII e XIX. Factos, figuras e algumas peripécias ".

23h00 - Momento Musical no Baluarte do Socorro

TUI
2 e 3 de outubro de 2010

Sábado 2 de outubro:
Visita á Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns (conxunto arquitectónico e intervencións arqueolóxicas do século XX)
Hora: 18,00
Guiada por Avelino Bouzón Gallego

Domingo 3 de outubro:

A ruta dos Soutomaior na cidade de Tui  (unha valorización contemporánea do noso pasado)
Inicio: Catedral de Santa María
Hora: 12,00
Guiada por Suso Vila, historiador

Concerto polo grupo de metal “Faiscas”
Hora: 19,00 h.
Igrexa San Domingos