Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Prestacións e recursos con prazos abertos no Departmento de Servizos Sociais do Concello de Tui

18/05/2010

PRESTACIÓNS E RECURSOS CON TRAMITE ABERTO NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE TUI

 

 

Ø     Prestación por fillo menor de tres anos: Nenos nados entre o 02-01-2007 e 01-01-2010 e con ingresos da unidade familiar no ano 2008 que non superen os 22.000 €. Remata o prazo o 19/06/2010

 

Ø     Programa Diurno de Balnearios da Deputación Thalaso Oia

o       Persoas maiores de 50 anos que se valgan por si soas.

o       Prezo 28€ por persoa

o       Inclue desprazamento e tratamento durante cinco días

o       Remata o prazo o 19/05/2010

o       Para a Campaña de Outono abrirase o prazo de inscripción do 2 ao 20 de xuño de 2010

 

Ø     Programa de Vacacións para persoas maiores do IMSERSO

o       Tempada 2010/2011

o       Ser maior de 65 anos

o       Pensionista de xubilación do sistema público de pensións

o       Pensionista de viudedade con idade igual ou superior aos 55 anos

o       Pensionista de invalidez, outras pensións ou prexubilados con 60 anos cumpridos.

o       Remata o prazo o 20/06/2010

 

 

 

 

 

Ø     Cursos "ACTIVATE" da Deputación

o       Mozos/as de 16 a 35 anos ambos inclusive

o       Residir no Concello de Tui

o       Remata o prazo 12/07/2010

 

 

Para información e tramitación de ditos recursos as persoas interesadas poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui ou chamar ao telefono 986 603 625 extensión 5, en horario de 9:00 a 14:00 horas.