Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Positiva acollidas ás visitas guiadas das "Xornadas Europeas de Patrimonio"

22/09/2008

POSITIVA ACOLLIDA ÁS VISITAS GUIADAS DAS “XORNADAS EUROPEAS DO PATRIMONIO”

 

Máis de 160 personas participaron ao longo da pasada fin de semana nas actividades desenvolvidas na cidade de Tui arredor da celebración das “Xornadas Europeas do Patrimonio” que por segundo ano organiza a Concellería de Cultura do Concello tudense como unha actividade de divulgación e posta en valor do noso conxunto monumental.

Na visita celebrada na mañá do sábado 20 de setembro ao triforio e tribuna da Catedral asistiron más de 80 personas interesadas en coñecer este lugar normalmente non accesible ao público. O historiador Suso Vila Botanes realizou un percorrido por estas dependencias achegando aos presentes, por exemplo, ao Pazo do bispo Diego de Muros –exemplo sobranceiro da arquitectura do gótico civil-, á torre de San Andrés ou aos diversos espazos da tribuna catedralicia.

Onte domingo 21 de setembro o arqueólogo Juan José Perles Fontao foi o encargado de dirixir á visita realizada ao xacemento castreño de Cabeza de Francos ou Alto dos Cubos, sito na inmediata parroquia de Pazos de Reis, nas abas do Monte Aloia. Case unha treintena de personas realizaron este percorrido coñecendo as escavacións alí comezadas por Xosé María Álvarez Blázquez e Manuel Fernández Costas e a súa significación para a protohistoria e historia antiga de Tui.

Na tarde de onte foi o cronista oficial da cidade, Ernesto Iglesias Almeida, que acompañou ás máis de 60 personas asistentes na visita á igrexa de San Domingos, unha das principais alfaias do patrimonio tudense, tanto pola súa arquitectura como polos retabulos barrocos conservados naquel templo.

Para o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, o obxectivo municipal de promover o coñecemento e valorización do noso patrimonio foi amplamente logrado. Ao tempo felicítase porque a maioría dos asistentes foron veciños de Tui interesados en afondar na historia da nosa cidade resaltando o acerto do Concello ao programas estas actividades que respostan así a unha demanda social. O concelleiro tudense tamén agradecelle aos especialistas participantes a súa colaboración.

Estas Xornadas Europeas de Patrimonio son unha acción conxunta do Consello de Europa e da Comisión Europea. Celébranse cada ano nos 49 estados sinatarios co Convenio Cultural Europeo entre os meses de agosto e novembro. Dende hai 15 anos estas Xornadas ofrene a posibilidade de celebrar a unidade e diversidade dun patrimonio cultural común, que nos identifica a todos os europeos. En España a coordinación destes eventos corre a cargo do Ministerio de Cultura. En Galicia é únicamente o Concello de Tui quen se ten sumando a esta inicitiva que noutras comunidades autónomas posúe unha longa tradición e reune un amplo programa de actividades.