Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Pisicina Municipal acadou un record de usuarios neste verán: 9.700

23/09/2009

 

A PISCINA MUNICIPAL DE TUI ACADOU UNHA CIFRA RECORD CON 9.700 USUARIOS ESTE VERÁN

Superáronse as cifras acadadas en veráns anteriores dende a súa apertura

O 80 ou 90% das persoas que fan uso da piscina entre mediados de xullo e de agosto son turistas


A Piscina Municipal acumulou este verán unha cifra record de usuarios, entre tudenses e turistas. 500 usuarios máis que o 2008 e case 1.000 máis que o 2007. O ascenso é progresivo dende o 2004, no que fixeron uso das instalacións da piscina 6.100 persoas.

 

Entre o 15 de xuño e 15 de xullo, a piscina encheuse de nenos do propio Concello, pero entre o 15 de xullo e o 15 de agosto o perfil de usuario cambiou radicalmente e a piscina encheuse de adultos de fóra do concello, xa sexan os emigrantes que retornan todos os veráns desde Francia e Suíza, moitos veciños portugueses e cada vez máis veciños de Vigo que foxen das masificacións da cidade olívica. Preto dun 80 ou 90% dos usuarios durante ese mes non son do Concello de Tui, demostrando así ser un bo reclamo para os turistas de proximidade.

Entre o 15 de agosto e o 15 de setembro, os nenos volven facer súa á piscina, Estes cambios no perfil do usuario responden aos movementos propiciados polas vacacións.


A Bibliopiscina, organizada polo Departamento de Cultura do Concello en colaboración coa editorial Everest, foi un ano máis unha iniciativa exitosa.

 

Ata os seis anos a entrada á piscina é totalmente de balde. Dos 6 aos 14 a entrada custa 1,50 €  e 2€ a partir dos 14 anos. A piscina municipal de Tui ten unha capacidade de 140 persoas na piscina grande e 40 na pequena.