A Orquestra Sinfónica de Tui preséntase oficialmente este venres no Concerto de Nadal
Cheo total no Teatro Municipal de Tui é o que se prevé este venres, 23 de decembro no Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui. Un evento que estará cheo de matices e contrastes e que será a presentación oficial da Orquestra Sinfónica de Tui creada no seo do Conservatorio Profesional de Música da cidade. Amais tamén actuarán o Coro Mistura Vocal e a Escola de Danza Paula Cobián.
A Orquestra Sinfónica de Tui está formada por 42 músicos, alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio de Música Profesional de Tui. Está dirixida por Luís Caballero.
O Coro Mistura Vocal, dirixido pola tudense Aloia Martínez, presentouse no Nadal de 2014 e está formado na actualidade por 40 persoas.
A Escola de Danza Paula Cobián comeza a súa andadura no ano 2004, ofertando unha formación académica nas disciplinas de Ballet Clásico e Danza Contemporánea. Está dirixida por Paula Cobián. No concerto participarán 16 bailaríns e bailarinas.
O concerto estará dividido en tres partes, a primeira correrá a cargo da orquestra, na segunda actuarán o coro Mistura Vocal e a Escola de Danza Paula Cobián, e na terceira a Orquestra Sinfónica, o coro Mistura Vocal e a Escola de Danza Paula Cobián. O programa previsto é o seguinte:
Primeira parte – Orquestra Sinfónica de Tui
-
Concerto Grosso nº 8 “Fatto per la notte di Natale”..............A. Corelli
-
Concerto Madrigalesco……………………………...…………A. Vivaldi
-
Romanza para violín e orquestra nº 2 op. 50…….……L. V. Beethoven. (solista: Sara Areal)
Segunda parte – Coro Mistura Vocal e Escola de Danza Paula Cobián
-
O nata lux................................................Morten Lauridsen
-
Ave Maria................................................Franz Biebl
-
White Christmas ....................................Irving Berling
-
Duérmete que viene preguntando (arr. Javier Busto)
-
Cantiga de Noiteboa..............................Julio Domínguez)
-
Deck the hall (arr. Audrey Snayder)
-
Hodie Christus natus est .......................Javier Busto)
Terceira Parte - Orquestra Sinfónica, Coro Mistura Vocal e Escola de Danza Paula Cobián
- Estudio sinfónico nº 1………...Hermann Regner Arranxo: Julio Domínguez
- Compañeira…………………....Xosé Luis Rivas (Arr. Julio Domínguez)
- Adeste Fideles………………...J. F. Wade (Arr. Julio Domínguez)
- Danubio Azul………………….J. Strauss
- Noite de Paz ..........................Arranxo: Julio Domínguez
- Marcha Radetzky…………….J. Strauss
Este concerto ten tido unha magnífica acollida coma demostra o nivel de venda de entradas por internet, as poucas localidades que restan estarán ata este venres ás 12h á venda en www.culturatui.info senón se esgotan antes. Tamén haberá algunhas dispoñibles o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes aos prezos de 5€ e 4€.