A oficina de rehabilitación tramitará as novas axudas e dará información doutras incluídas no plan vivenda.
A OFICINA DE REHABILITACIÓN TRAMITARÁ NOVAS AXUDAS E DARÁ INFORMACIÓN DOUTRAS INCLUÍDAS NO PLAN VIVENDA.
Tras a firma do novo convenio co IGVS como novidades máis importantes podemos destacar as seguintes:
TRAMITACIÓN ÍNTEGRA:
- Tramitación das axudas compatibles con ARI en Casco Histórico.
- Tramitación das axudas do Rural.
- Tramitación das axudas RENOVE VIVENDA en calquera tipo de SOLO.
- Tramitación das axudas RENOVE EDIFICIO en calquera tipo de SOLO.
- Programa ALUGA.
INFORMACIÓN E ASESORAMENTO:
- Promoción de vivenda protexida realizada por cooperativas.
- Promoción de vivenda protexida para venda ou aluguer.
- Construción para uso propio de vivenda de Protección Autonómica.
- Compra de vivenda protexida.
- Compra de vivenda usada.
OFICINA DE REHABILITACIÓN