Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O venres presentación do proxecto Cine nas Aulas: Ollar o noso

9/02/2011

Convócase os  medios a rolda de prensa, para a presentación do proxecto CINE NAS AULAS: ollar o noso, o proximo venres dia 11 de febreiro as 11.00 hs no Salón de Plenos do Concello de Tui. Unha quincena de proxeccións nas aulas tudenses en horario lectivo, para a promoción do audiovisual galego. Proxecto ideado por Diana Gonçalves e subvencionado pola Concellería de Educación do Concello de Tui. Na presentación contaremos coa presencia de Diana Gonçalves, quen explicará o proxecto, a Concelleira de Educación, Patricia Ricón e o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha