Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O tudense José Areses Vidal, pregoeiro de San Telmo 2010

22/03/2010

O TUDENSE JOSÉ ARESES VIDAL PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN TELMO 2010

 

O Concello de Tui ven de designar como pregoeiro das Festas de san Telmo 2010 ao tudense José Areses Vidal, que ven desempeñando importantes cargos na Administración do Estado en Madrid maila a súa xuventude. O seu gran cariño pola súa cidade natal, e, especialmente, polo seu santo patrón, Frei Pedro González Telmo, e a súa importante traxectoria na administración pública xustifican abondosamente o seu nomeamento.

José Areses Vidal, naceu en Tui hai 35 años, definindose el mesmo coma  "lector impenitente, conversador  y alhoyista". Licenciado en Dereito, Master en "Gestión y Análisis de Políticas Públicas" pola Universidad Carlos III de Madrid, ten cursado estudios en el IESE (Curso de liderazgo para directivos públicos) y en el European Institute of Public Administration (Holanda).

Pertence ao Cuerpo superior de Administradores Civiles del Estado dende o ano 2003. Destinado á Administración General del Estado, ten desempeñado distintos postos no Ministerio de Agricultura e no Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Mais recentemente ocupou o cargo de Subdirector adjunto na Dirección General del  Libro, Archivos y Bibliotecas del Ministerio de Cultura, dende onde congratulouse, ata en duas ocasions, ao recibir a Biblioteca Municipal de Tui o premio María Moliner á "mejor labor bibliotecaria".

Na actualidade  ten sido nomeado Subdirector na Dirección General de Cooperación Autonómica do Ministerio de Política Territorial. É amáis coordinador da área de Conferencias Sectoriais e titular da "Oficina para las Lenguas Oficiales en la Administración General del Estado".

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, co nomeamento de José Areses Vidal o Concello de Tui da continuidade á súa aposta na designación de pregoeiro das Festas Patronais dedicadas a San Telmo pola promoción de personalidades locais que teñan salientado na súa actividade, pois ninguén mellor que eles para convidar a veciños e visitantes ás celebracións festivas que neste ano 2010 comezaran coa lectura do pregón o vindeiro sábado 3 de abril. Amais sinala Rodríguez Pérez que dase a feliz circunstancia que neste ano o Concello lembrará o centenário da celebración, por vez primeira en Galicia, da festa da arbore promovida por un antepasado do pregoeiro, o enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal.