Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado 16 de febreiro presentación do libro "Los Alcaldes de Tui del siglo XX"

13/02/2008

O VINDEIRO SÁBADO PRESENTACIÓN DO LIBRO “OS ALCALDES DE TUI DO SÉCULO XX”

 O Salón de Plenos da Casa Consistorial de Tui será escenario o vindeiro sábado 16 de febreiro de 2008 ás 19,00 horas da presentación do libro “Os Alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad de Tui a través de los Plenos municipales” realizado por Xabier Añoveros e Trias de Bés e María Dolores Martínez Gamallo.

Os autores conseguiron documentar nesta obra a actividade dos diversos alcaldes, ata un número de 42 personas, que ocuparon a presidencia da Corporación Municipal tudense nos diversos períodos históricos do século XX: Restauración, Ditadura de Primo de Rivera, II República, Réximen franquista e época democrática.

Ao longo das máis de 250 paxinas os autores recuperan os nomes e a personalidade dos diversos alcaldes tudenses e as súas obras máis salientables no seus respectivos mandatos. Este obra de investigación enche un valeiro existente no coñecemento da historia contemporánea tudense pois ata agora carecíase desta relación nominal e dunha obra que recollese os avatares da vida política municipal do último século.

Xabier Añoveros e Trias de Bes xunto con María Dolores Martínez Gamallo xa teñen colaborado anteriormente noutra publicación, editada hai agora dous anos, como é “Floresta de textos sobre San Telmo”.

A Concelleria de Cultura do Concello de Tui convida a todos os veciños a este acto dende o convencemento de que a edición desta obra contribuirá á difusión da historia da nosa localidade, a recuperar nomes posiblemente esquecidos dos alcaldes tudenses e a rescatar o pulso da intensa vida municipal tudense do século pasado.