Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O próximo día 8 acenderase o alumeado de Nadal en Tui O Concello mantén a aposta por esta iluminación pola boas repercusións que ten para o comercio e a hostalería

1/12/2010

O próximo día 8 acenderase o alumeado de Nadal en Tui
O Concello mantén a aposta por esta iluminación pola boas repercusións que ten para o comercio e a hostalería
Mércores, 1 de decembro de 2010.

O próximo mércores, 8 de decembro, terá lugar o acendido da iluminación de Nadal nas principais rúas de Tui. O alumeado continua a política municipal de fomento da eficiencia enerxética, e ao igual que nos últimos anos, emprega lámpadas de tecnoloxía led, co que se produce un importe aforro enerxético con respecto ás lámpadas tradicionais.
O obxectivo desta iluminación é embelecer a cidade co gallo das festas de Nadal, pero cun criterio de responsabilidade económica e medioambiental, baixo un criterio de maior eficiencia enerxética e menor contaminación lumínica.
O alumeado permanecerá acendido dende o 8 de decembro ata o 6 de xaneiro en horario de seis da tarde a dúas da madrugada. Comprenderá a iluminación con microbombillas e fio luminoso de led en máis de 130 arcos, a iluminación das arbores do Paseo da Corredoira con lámpadas, pebeteiros de led e led ball en cor branca, e a iluminación das prazas con motivos en 3D.  Tamén se contempla a sonorización do Paseo da Corredoira e das dúas Augusto González Besada, Casal Aboy, Compostela, Martínez Padín, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos e comezo da Avenida da Concordia. Tamén se colocará un belén iluminado na Praza da Inmaculada.
O investimento total da colocación deste alumeado de Nadal e a sonorización das rúas ascende a 49.383 euros.
O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, salienta a aposta que un ano máis dende o Concello se realiza polo alumeado de Nadal. Nesta ocasión e pese a crise explica que se mantén o investimento tendo en conta as boas repercusións que o alumeado ten para o comercio local tal e coma apuntan algúns estudo que falan dun incremento das vendas nun 20% nas zonas ben iluminadas.  A iluminación dota á cidade dun atractivo especial e son centos as persoas que cada ano se achegan ata Tui para admirar estes motivos navideños, o que ten tamén a súa positiva repercusión no comercio e na hostalería locais.