Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Parador de Tui organiza unha nova tertulia de anécdotas tudenses este domingo

22/04/2010

O PARADOR DE TUI PROMOVE UNHA NOVA TERTULIA DE ANÉCDOTAS TUDENSES CON JAVIER RODRIGUEZ VAZQUEZ

 

O Parador de Turismo "San Telmo" de Tui da continuidade neste domingo 25 de abril, ás 18,00 horas, a unha interesante iniciativa que baixo o nome de "Anecdotario tudense" foi iniciada o pasado mes de marzo e que pretende realizar mensualmente, o último domingo de cada mes. Unha tertulia arredor de anécdotas da vida da nosa cidade ao longo do tempo; cada mes unha persoa de Tui abrirá a tertulia narrando unha destas anécdotas e abrindo así o turno para a intervención dos asistentes.

 

Neste vindeiro domingo será Javier Rodríguez Vázquez ,que relatará as vivencias sobre o popular gaiteiro tudense "O Carneiriño" que aínda lembran moitos veciños de Tui amenizando as celebracións festivas da localidade.

 

Este ciclo de "Anecdotario tudense" terá continuidade nos vindeiros meses coa intervención doutros veciños de Tui como no mes de abril, Ricardo García Fernández, no mes de maio, Jesús Pazo Díz, en xuño, e Manuel Vázquez de la Cruz, no mes de xullo.

 

Para o director do Parador, David Villar Alonso, esta iniciativa tenta dinamizar a vida e a actividade deste establecemento hostaleiro tudense e recuperar os seus tradicionais lazos de unión coa cidade de Tui e os seus veciños. Trátase dunha tertulia aberta á participación de todos os interesados que queiran achegar as súas anécdotas e curiosidades arredor do tema ao que se dedica a tertulia de cada mes.

 

No pasado mes de marzo foi Alberto Estévez Piña quen abriu esta tertulia lembrando como se xestou a construción do Parador de Turismo "San Telmo" e que motivou unha prolongada tertulias polos asistentes.

 

David Villar Alonso agradece a todos os participantes a súa xenerosa colaboración así como o apoio do Concello de Tui que anima esta interesante iniciativa que pretende plasmarse nunha publicación ao final do ano, na que recolla as principais anécdotas deste ciclo.