Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O lúns estrea da obra "Minho azul, um passeio no Cabo Fradera" do compositor tudense Rudesindo Soutelo

16/04/2009

O VINDEIRO LUNS ESTREASE A OBRA "MINHO AZUL, UN PASSEIO NO CABO FRADERA" DO COMPOSITOR TUDENSE RUDESINDO SOUTELO POLA BANDA DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN

 

O Teatro Municipal de Tui será esceario o vineiro lúns, 20 de abril -festividade de San Telmo- da estrea absoluta da composición para banda sinfónica "Minho azul. Um passeio no Cabo Fradera" que correrá a cargo da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.  O concerto está programado para ás 18,30 horas.

Para o compositor "esta obra é um passeio pelo Minho azul, elo de união cultural, e tal como na minha infância, apanhei virtualmente o Cabo Fradera, barco patrulheiro ícone do Minho navegável, e devagarinho derivei suave e silenciosamente rio abaixo. De ambos os lados chegavam sons que cuidadosamente fui enfiando no papel pautado, como se fossem missangas dum colar, até as margens confluírem numa percepção "hinótica". O passeio sonoro está dedicado a José Luis García Amador, Comandante Naval do Minho e apreciador de música erudita".

Trátase dun importante acontecemento cultural ao combinarse a estrea dunha peza musical dun compositor tudense que é un referente da música culta na Península Ibérica co feito de que esta peza musical estea dedicada ao río Miño, simbolizando os vencellos que existen entre as terras de Galicia e Portugal que en Tui atopan un lugar privilegiado de encontro.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, resulta dunha gran satisfación este acontecemento cultural pois xunto á estrea dunha peza musical dedicada a esta terra tudense posibilitará que os veciños de Tui e cantos se acheguen a este concerto da Banda de Música da Escola Naval de Marín poidan coñecer e disfrutar da música deste egrexio compositor tudense que é Rudesindo Soutelo, a quen agradece esta composición e o seu interese no seu estreo na nosa cidade.

 

Rudesindo Soutelo naceu o 29 de Febereiro 1952 em Baldráns - Tui. Estudou nos Conservatorios de Vigo, Madrid e Schaffhausen (Suiza), sendo discípulo de Rodolfo Halffter e Agustín González de Acilu em composición, e de Janos Meszaros en fagote.

En 1972 fundou as Juventudes Musicais de Vigo e en 1976, có grupo Letrinae Musica, presentou en Compostela e Vigo o movimento novo-neo-new-dadá Quadrado de Pi. En 1980 creou a editora de música Arte Tripharia onde xerou un amplo catálogo de partituras e a coleción Corpus Musicum Gallaeciae.

Das suas últimas obras podemos destacar: Prelúdio da Montanha Mágica, homenaxe a Thomas Mann (Piano); Como a noite é longa, homenaxe a Fernando Pessoa (Flauta-Oboé-Clarinete); Lábios de sabor a mar, (Coro a cappella, con versións para Quinteto de Metais, e para Voz e Piano); Quod nihil scitur, homenaxe ao filósofo Francisco Sanchez 'o escéptico' e in memoriam J. M. Álvarez Blázquez (Órgano); Tálamo e túmulo, homenaxe ao polígrafo Ricardo Carvalho Calero (Orquestra de Cordas); Borobó e Manuel María, (duos de Gaitas de fole); Brêtema de Dom Quixote, e André, (Piano); Alva (Violin só); O corvo da liberdade, a vontade que desafiou Deus, homenaxe a Miguel Torga (Quinteto de sopros), encomenda da D.R. Cultura do Norte do Ministério da Cultura de Portugal, e incluída no film de João Botelho "A terra antes do céu"; Saraquel (2 violins); Minho azul (Banda sinfónica); Deu-la-deu, (Suite para Guitarra) dedicada à AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa). Toda a sua obra foi publicada em Arte Tripharia e polo seu interese hai xa Teses de Doutoramento onde se estuda e analiza a súa producción musical