Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O grupo de teatro “Chirlomirmo” presenta “O Zarandallo”

20/10/2011

Será o sábado ás 20.30h no Teatro Municipal


As entradas, sen numerar, póñense á venda o sábado ás 19h

 

O teatro amador é o protagonista este sábado na programa cultural en Tui. O Teatro Municipal acollerá ás 20.30h a representación da obra “O Zarandallo” por parte do grupo de teatro “Chirlomirlo” da Asociación Cultural “Xuntanza”.

 

A obra está dirixida por Miguel Ángel Martínez, e interpretada por Noelia Solla, Alba Martínez, Laura Solla, Daniel Álvarez, Jesús Martínez, Miguel A. Martínez, José A. Muíños, Pili Álvarez, Marita Giráldez e Lorena Hermida coma apuntadora.

 

A comedia, con 60 minutos de duración, fala do regreso á súa aldea de Froilán que volve das Américas. Coa súa galantería quere namorar a máis dunha muller, pero as cousas non lle sairán moi ben.

 

Esta obra ía ser representada durante as festas de San Telmo no marco da Semana do Teatro Amador, pero daquela tivo que suspenderse por enfermidade dun dos actores. Este sábado poderase disfrutar do bo facer desta compañía teatral de Tui.

 

As entradas, sen numerar, poranse á venda o sábado dende ás 19h  no despacho de billetes ao prezo de 1€.

 

Grupo de teatro Chirlomirlo con “O Zarandallo”

Data: Sábado, 22 de outubro, ás 20.30h

Lugar: Teatro Municipal

Entradas, sen numerar, á venda o sábado dende ás 19h no despacho de billetes ao prezo de 1€.