Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo de goberno do Concello de Tui reunirase cos veciños de todas as parroquias do municipio

6/02/2019

Esta semana reuniranse cos veciños de Malvas e Areas

O equipo de goberno do Concello de Tui organiza xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades.  A primeira será este venres, día 8, as 20.30 no local do Sindicato de Malvas. O sábado, 9 de febreiro, a reunión será cos veciños de Areas,  as 20.30h na Casa cultural de Areas.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto o alcalde como os concelleiros que conforman o equipo de goberno.