Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas nas parroquias de Tui

6/03/2019

Esta semana reuniranse cos veciños de Caldelas e Randufe

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Até o momento o equipo de goberno tense reunido cos veciños das parroquias de Malvas, Pazos de Reis, Areas, Paramos e Rebordáns e Ribadelouro. Esta semana a cita será cos veciños de Caldelas, o venres día 8, na Casa Cultural de Caldelas, e  cos de Randufe,o sábado, día 9, na Casa Cultural de Randufe. Ámbalas dúas serán ás 20.30h.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.