O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños de todas as parroquias do municipio
13/02/2019
Esta semana celebra xuntanzas cos veciños de Pazos de Reis e Paramos
O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Esta semana a cita será o venres, día 15, ás 20.30 no edificio de A Macoca cos veciños de Pazos de Reis. O sábado, 16 de febreiro, a reunión será cos veciños de Paramos, as 20.30h na Casa Cultural de Paramos.
Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.