Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas reunións cos veciños das parroquias de Tui

27/02/2019

Esta semana reuniranse cos veciños de Ribadelouro

O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Até o momento o equipo de goberno tense reunido cos veciños das parroquias de Malvas, Pazos de Reis, Areas, Paramos e Rebordáns,. Esta semana a cita será cos veciños de Ribadelouro, o venres, 1 de marzo, ás 20.30h na Casa Cultural de Ribadelouro.

Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.