Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consello da Xunta de onte aproba o colector xeral de San Simón - Ribadelouro cun investimento de case un millón de euros

2/10/2009

 

O CONSELLO DA XUNTA APROBA A COLABORACIÓN TÉCNICO-FINANCEIRA CO CONCELLO DE TUI PARA EXECUTAR O COLECTOR XERAL DE SAN SIMÓN POR UN IMPORTE DE CASE UN MILLÓN DE EUROS

* A esta actuación engadiranse obras nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e

Mos para completar o sistema de saneamento do río Louro á rede de colectores da

Edar de Guillarei

* A Xunta financiará o 100% das obras, que darán servizo a unha zona de máis de

1.500 habitantes e terán un prazo de execución de oito meses

* O colector de San Simón recollerá as augas residuais do río Louro que serán

conducidas para, posteriormente, seren tratadas pola EDAR de Guillarei

 

 

O Consello da Xunta autorizou esta mañá a sinatura dun acordo polo que se aproba a

colaboración técnico-financeira entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas e o Concello de Tui, que ten como principal obxectivo a execución das

obras do colector xeral de San Simón, ás cales se destinarán case un millón de euros,

dividido en dúas anualidades.

O departamento que dirixe Agustín Hernández financiará o 100% do custo das obras,

que se executarán nun período de oito meses e que ao seu remate darán servizo a

máis de 1.500 habitantes, que tamén se beneficiarán da EDAR de Guillarei. Cómpre

destacar que o colector de San Simón recollerá as augas residuais do río Louro que

serán conducidas para, posteriormente, seren tratadas pola EDAR de Guillarei.

Este tipo de obras responden á colaboración que establece a Consellería de Medio

Ambiente, Territorio e Infraestruturas coas entidades locais para o desenvolvemento

de infraestruturas, debido a que os concellos teñen un orzamento insuficiente para

poder financialas.

Obras que se van realizar

As actuacións previstas neste convenio inclúen os treitos necesarios para conectar o

saneamento existente na parroquia de Ribadelouro co colector xeral do Louro, para

poder completar a conexión das redes de saneamento coa EDAR de Guillarei.

Comprende a execución de 2.002 metros de colector na súa maioría de 315

milímetros e tres bombeos, situados en Porto de Bouzas, Cotarel e San Simón.

Para levar a cabo os colectores, terase que atravesar a estrada PO-342, e tamén

existirán tubaxes baixo os ríos Louro e San Simón, mentres que o último cruza

perpendicularmente un sendeiro que parte do Camiño de Portugués, no treito Tui-

Redondela; outro tramo transcorre por unha vía de servizo da autoestrada AP-9 e

unha afección ás estradas EP-2502 e PO-342. Neste proxecto tamén se inclúe a

reposición dos servizos e pavimentos afectados por estas obras.

O Concello de Tui comprometeuse á entrega dos terreos e auga necesarios para a

execución das obras, así como todas as autorizacións administrativas necesarias para

a realización destas.

Por outra banda, mantén o compromiso de asumir a explotación, mantemento e

conservación das obras e de levar a cabo os traballos ordenados pola inspección

facultativa despois da súa execución.

Todas estas actuacións forman parte do compromiso da Xunta de Galicia de levar a

cabo a mellora dos saneamentos da comunidade autónoma galega.

Edar de Guillarei

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou no mes de

setembro a xestión do sistema de saneamento do río Louro e da estación de augas

residuais de Guillarei, por un importe de case 4 millóns de euros. O sistema de

saneamento do Río Louro recolle as augas procedentes dos concellos de Tui, O

Porriño, Salceda de Caselas e Mos a través dunha serie de infraestruturas que

comprenden unha rede de colectores xerais, tanques de tormenta, estacións de

bombeo e estación de tratamento de augas residuais. As obras autorizadas hoxe polo

Consello da Xunta terán continuidade con outras actuacións nos municipios citados.

Debido á magnitude do saneamento da bacía do río Louro e da Edar de Guillarei,

Xunta e concellos apostaron por constituír un consorcio para a xestión e explotación

do saneamento, da que formarán parte a Administración hidráulica de Galicia e os

municipios beneficiarios. A participación da Xunta neste organismo será do 42,81%.

Esta entidade será a encargada de xestionar o saneamento da bacía do río Louro.