Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui felicita ao Club Kayak tudense ao conseguir por quinto ano o campionato de España de inverno

22/03/2011

O CONCELLO DE TUI FELICITA AO CLUB KAYAK TUDENSE AO CONSEGUIR POR QUINTO ANO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO

 

Martes, 22 de marzo de 2011. O Concello de Tui expresa o seu recoñecemento e felicitación ao Club Kaiak Tudense que nesta pasada fin de semana ten acadado na Isla de la Cartuja de Sevilla un novo triunfo do Club Kaiak Tudense ao proclamarse como campión de España de inverno por clubs; é o quinto triunfo consecutivo e o décimo nos últimos 16 años, convertendo sen dúbida ao Club de Tui no máis laureado deste deporte a nivel nacional. O Kaiak Tudense acadou a cifra de 1585 puntos, superando con relativa facilidade ao Club As Torres- Romería Vikinga de Catoira que sumou 1435 puntos, e ao local do Náutico de Sevilla con 1404 puntos.

 

Dende o Concello de Tui achégase este recoñecemento aos seguintes deportistas:

 

- Manuel Garrido, medalla de bronce en C1 Senior

- Daniel Costa, quinto en C1 Senior

- David Costa, sétimo en C1 Senior

- Adrián González, décimo quinto en C1 Senior

- Ramón Ferro, décimo noveno en C1 Senior

 

- David Casaleiro, vixésimo oitavo en C1 Xuvenil

 

- Carla Pérez, décimo terceira en K1 Senior Feminina

- Ana Varela, décimo quinta en K1 Senior Feminina

- Valeria Romero, trixésima segunda en K1 Senior Feminina

 

- Mónica Araujo, décimo sexta en K1 Xuvenil Feminina

 

            - Pedro Carrera, trixésimo segundo en K1 Xuvenil

- Marcos González, trixésimo carto en K1 Xuvenil

- Roi Rodríguez, cincuenta e oito en K1 Xuvenil

 

- Ivan Alonso, oitavo en K1 Senior

- Victor Rodríguez, décimo primeiro en K1 Senior

- Diego Piña, décimo terceiro en K1 Senior

- Roberto Rodríguez, décimo quinto en K1 Senior

- Rubén Millán, vixésimo quinto en K1 Senior

- Jaime Sobrado, trixésimo quinto en K1 Senior

- Joan Ardit, cincuenta e catro en K1 Senior

 

- Andrea Porteiro, décimo primeira en mulleres Cadetes

- Enrique Míguez, medalla de ouro en C1 Veteranos

- Miguel González Carrera, sexto en K1 Veterano

 

Felicitación extensible tamén a José Luis Bouza, que non puido competir na final por molestias físicas, e a Leti Piña que tivo de retirarse.

 

Nunha nova oportunidade os deportistas do Club Kayak Tudense, co seu adestrador Esteban Alonso ao fronte, amosan o seu liderado no piragüismo español testemuñando o importante labor deportivo que este club tudense desenvolve na nosa cidade.