Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello amosa o seu pesar polo falecemento de Monseñor d. Jose Cerviño

19/04/2012

O Concello de Tui amosa o seu pesar polo falecemento de Monseñor José Cerviño e Cerviño, bispo emérito da diocese de Tui Vigo, que ocupou a cadeira episcopal tudense ao longo de vinte anos, entre 1976 e 1996, dando continuidade a unha relación coa nosa cidade que comezara cando os seus estudos de Humanidades no Seminario tudense de 1933 a 1940 e continuou co seu nomeamento con Vicerrector deste mesmo Seminario en 1949 e 1953.

Ao longo do seu episcopado, amáis da sua intensa vida pastoral, colaborou activamente co Concello de Tui en numerosas iniciativas relacionadas coa Catedral tudense e coa promoción do noso conxunto histórico, facilitando, entre outros asuntos, a creación do Albergue de Peregrinos, a instalación da Escola Obradoiro no “Cárcere Vello”. Medidas que teñen achegado importantes beneficios á nosa localidade.

O Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, expresa o seu pésame ao Bispo, Cabido e presbiterio diocesano así coma aos seus familiares e amigos, pola perda de D. José Cerviño Cerviño que mantivo sempre unha forte relación coa nosa cidade á que apreciaba con grande intensidade pois a sentía intimamente.