Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O comercio local distribuirá 3.600 máscaras hixiénicas reutilizables elaboradas polo grupo “Bicho fóra”

15/05/2020

O Concello doou a tea, o grupo confeccionounas e serán distribuídos polos comercios asociados a ACITUI e EMPRETUI

O comercio local comezará a próxima semana a distribución de 3.600 máscaras hixiénicas reutilizables elaboradas polo grupo “Bicho fóra”.  Este grupo realizou xa con anterioridade outras 3 mil máscaras.

O Concello de Tui adquiriu o material co que se teñen confeccionado as máscaras. Trátase de tecido de sarga 195-205 gr/m2, de composición 35% algodón e 65% poliéster, lavable a 60º . Ten un acabado hidrófugo cumprindo co test AATCC-193 (repelencia a líquidos) e antibacteriano  que cumpre co test UNE EN 14683 (tecidos para máscaras). Posúe unha eficacia de filtración bacteriana superior ao 90% e a respirabilidade en canto a presión diferencial por debaixo de 60 Pa/cm2, soportando  25 lavados. Esta especificación cumpre coa norma UNE 0065:2020, del Ministerio de Sanidad publicada el 15 de abril.

As máscaras, embolsadas de xeito individual e previamente desinfectadas, serán distribuídas nos establecementos asociados a ACITUI e EMPRETUI.

Estes elementos de protección son froito dunha cadea de solidariedade na que o Concello de Tui doou a tea ao grupo de voluntarios e voluntarias Bicho Fóra, que cortaron e confeccionaron as máscaras, e coas asociacións de comerciantes ACITUI E EMPRETUI que as  distribuirán entre os seus asociados, e estes a súa vez entre os seus clientes.

Dende o Concello de Tui amósase o agradecemento a todas as persoas implicadas nestes proxecto pola solidariedade amosada e o esforzo realizado.