Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde de Tui rexeita as novas afirmacións sobre a sua pretendida imputación xudicial

23/04/2012

Hai uns días foi publicado nun medio de comunicación escrito que o Alcalde de Tui estaba imputado polo chamado “caso Patazumba e un delito contra o patrimonio histórico”. Dada a falsidade desta afirmación foi esixida unha rectificación publicada no día de hoxe no mesmo medio.

Para a correcta información da opinión pública dende esta Alcaldía cómpre lembrar o seguinte:

 

1.- As imputacións contra este Alcalde no chamado “caso Patazumba” foron arquivadas por auto de 14 de xuño de 2010.

2.- O recurso da acusación particular a este Auto de arquivo foi desestimado “en buena medida, pero no en toda” polo mesmo Xulgado nun auto que non efectúa ningunha imputación ou acusación con este Alcalde por delito algún.

3.- En consecuencia non hai acusación de delito algún senón que como sinala o devandito Auto que as actuacións obxecto de investigación “desde el prisma administrativo se hallan amparadas en Derecho y, en consecuencia, penalmente también.”

4.- Esta mesma resolución considera que “resulta incompatible la persecución pena de unas acciones que la jurisdicción contencioso-administrativo ha bendecido” ratificando a Sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 9 de outubro de 2008 que declarou conforme a Dereito a actuación urbanística denunciada neste chamado “caso Patazumba”

 

Para o Alcalde de Tui resulta moi grave que se atente con estas falsas afirmacións que causan un evidente dano moral e que en absoluto corresponden á realidade.