Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde de Tui fai públicas as delegacións de competencias aos concelleiros do goberno municipal

16/06/2011

O ALCALDE DE TUI FAI PUBLICAS AS DELEGACIÓNS DE COMPETENCIAS NOS CONCELLEIROS DO GOBERNO MUNICIPAL

 

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, fixo públicas a última hora desta mañá as delegacións de competencias entre os membros do goberno muncipal, que son as seguintes:

Don Nicolás Lorenzo Montes: Área de Rehabilitación Integral (ARI), Deportes, Xuventude e Medios de Comunicación.

Dona Vanesa Rodríguez Pereira: Cultura e Educación.

Dona Dorinda Olga Montes Moldes: Parques e Xardíns, Mercado e Praza de Abastos.

Don Marcelino Enrique Cendón Vázquez: Facenda e Patrimonio Municipal.

Don Manuel González Vázquez : Limpeza e recollida de lixo, Cemiterio, Parque Móbil e Servizos Municipais.

D. Ángel Gutiérrez González: Seguridade Cidadá, Protección Civil, Tráfico e Medio Ambiente.

D. José Ángel Villaverde Rocha: Persoal, Alumeado Público, Formación e Emprego

Dona Raquel Lorenzo Pimentel: Turismo, Comercio e Servizos Sociais.

 

En aplicación da lexislación vixente aquelas outras competencias non delegadas permanecen baixo a responsabilidade de Alcaldía.

Nas vindeiras xornadas o Alcalde fará publica a composición da Xunta de Goberno Local que estará integrada polos Tenentes de Alcalde do Concello de Tui e as dedicacións que desempeñen os integrantes da equipa de goberno.

 

Tui, 16 de xuño de 2011