Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Nomeanento de Tribunal e citación de aspirantes á praza de arquitecto municipal interino

11/09/2009

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,

 

CERTIFICA:

 

            Que por parte da Alcaldía con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:

 

"En relación co proceso de selección para a cobertura dunha praza de Arquitecto interino do Concello de Tui, RESOLVO:

 

            1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:

            -Presidente: D. Manuel Toucedo Rodríguez (Arquitecto Municipal do Concello de Mos).

            -Vogais:   *Dª. Mª Angeles Domínguez Ramos (Tesourería Municipal do Concello de Tui).

                             *Dª. Myriam Buján Garrido (Técnica Xurídica de Administración Xeral do Departamento de Urbanismo do Concello de Tui).

                            *D.  Aitor Iglesias Monzón (Interventor Municipal do Concello de Tui)

            -Secretaria: Dª. Irene Suárez López (Secretaria Municipal do Concello de Tui).

           

            2º.- Declarar admitidos a  tódolos aspirantes presentados.

 

            3º.- Convocar, ós aspirantes, para o día 15 de setembro de 2009, ás 9,00 horas nas dependencias deste Concello  para a realización das probas.

 

            E para que así conste, expido a presente de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a once de setembro de dous mil nove.

 

 

              Visto e Prace

             O ALCALDE