Nomeamento de Tribunal e data de exame do proceso de selección dun auxiliar administrativo
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal de DUN AUXILIAR ADMINISTRATIVO para o Concello de Tui mediante o sistema de acceso libre, e que foi convocado mediante Resolución da Alcaldía de data 22 de decembro de 2010, e publicada no Faro de Vigo de data 26 de decembro de 2010, e non existindo aspirantes excluidos, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Rafael Sánchez Bargiela (titular).
*Dª. Amalia González Solla (suplente).
-Vocais: *D. Mª Jesús Blanco Martínez (titular).
*Dª. Mª Angeles Domínguez Ramos (suplente).
*Dª. Ceferina Saa Rodríguez (titular).
*D. Myriam Buján Garrido (suplente).
*D. José Mª Melero González (titular).
*D. José Ángel Fernández Rodríguez (suplente).
-Secretaria: *Dª. Irene Suárez López (titular).
*Dª. Eulogia Paramos Estévez (suplente).
TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro martes, día 18 de xaneiro de 2011 ás 12:00 horas, nas dependencias da Área Panorámica, para a realización das probas.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a catorce de xaneiro de dous mil once.
Visto e Prace
O ALCALDE