Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Na Praza de S. Fernando hoxe ás 22,30 h. actuarán grupos de Bolivia, Sevilla, A Guarda e Tui no XIV Encontro dos Pobos

24/07/2007

Na praza de San Fernando ás 22.30h actuarán grupos de Bolivia, Sevilla, A Guarda e Tui no XIV Encontro dos Pobos

Luns 23 de xullo de 2007. A Praza de San Fernando acolle mañá martes, 24 de xullo, ás 22.30h o XIV Encontro dos Pobos que chega a Tui no percorrido que dende o pasado sábado realiza pola comarca do Baixo Miño baixo a organización do grupo “Do Lusco ao Fusco”. Este espectáculo forma parte da programación cultural para o segundo semestre do ano que organiza a Concellería de Cultura de Tui.O exotismo chega este ano a este Festival co grupo CIDEBOL, Cultura de Integación de Danzas Étnicas Bolivianas, que achegarán danzas rituais coma a Tinku procedente de Potosí, a danza guerreira de Tobas, ou a dos Caporales, unha etnia que habita dúas poboacións rurais do departamento de La PazDende as localidades de Brenes e Los Rosales, preto de Sevilla, chega o grupo Arte de Sevilla  que coa súa música e bailes dan a coñecer a cultura popular que lles transmitiron os seus maiores. Teñen colleitado grandes éxitos con espectáculos coma “Persecución e Paixón en Xerez”, ou “Tres momentos flamencos”.O folclore galego está representado polos grupos “Do Lusco ó Fusco” da Guarda, e polo grupo local “San Fins” de Rebordáns. Entre todos abrirán unha nova fiestra a cultura e saber dos pobos ao través do folclore. XIV Encontro dos PobosData: Martes 24 ás 22.30hLugar: Praza de San FernandoParticipan os grupos:-          CIDEBOL de Bolivia-          ARTE de Sevilla-          Do Lusco ó Fusco da Guarda-          San Fins de Rebordáns, TuiOrganiza: Concellería de Cultura