Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves, 27 de xullo, ás 18h a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario

26/07/2017

A corporación municipal de Tui celebra mañá xoves, 27 de xullo, ás 18h pleno de carácter ordinario con 12 puntos na orde do día.

  1. Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº6, de 29 de xuño.

2º.- Expediente 1555/2017. Recoñecemento da Bonificación do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (declaración de especial interese ou utilidade municipal das construcións, instalacións ou obras) - Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de conceder a Dona Mercedes Alvarez Rodríguez bonificación de ICIO correspondente a obra no inmoble sito na rúa Monxas, nº 3.

3º.- Expediente 1256/2017. Recoñecemento da Bonificación do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (declaración de especial interese ou utilidade municipal das construcións, instalacións ou obras) - Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de conceder a Don Manuel Martínez González bonificación de ICIO correspondente a obra no inmoble sito en rúa Antero Rubín, nº 45.

4º.- Expediente 1418/2017. Recoñecemento da Bonificación do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (declaración de especial interese ou utilidade municipal das construcións, instalacións ou obras) - Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de conceder a Construcciones Orega, S.L., bonificación de ICIO por obras no Conxunto Catedralicio.

5º.- Expediente 758/2017. Recoñecemento da Bonificación do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (declaración de especial interese ou utilidade municipal das construcións, instalacións ou obras) - Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de conceder de conceder a Dona María Purificación González Francisco bonificacion de ICIO por obras en inmoble sito na rúa Cuenca, nº 9.

6º.- Expediente 1600/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de solicitar novamente á Xunta de Galicia cesión de uso edificio Area Panorámica.

7º.- Expediente 1588/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de crédito extraordinario nº 4/ 2017(MC 22/2017).

8º.- Expediente 1670/2017.- Proposta de Alcaldia crédito extraordinario nº 5/2017 (MC23/2017)

9º.- Mocións de Urxencia.

B).- Actividade de control:

10º.- Disposicións de interese.

11º.- Dación de conta das resolucións de 26/06/2017 ata o 20/07/2017.

C).- Rogos e preguntas:

12º.- Rogos e preguntas.

Ver orde do día