Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres inaugúrase a exposición "Rio sen margens" de Orlando Pompeu

18/01/2007

MAÑÁ VENRES INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN DE PINTURA “RIO SEN MARGENS” DE ORLANDO POMPEU

Mañá venres, 19 de xaneiro, a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acollerá a inauguración da exposición do artista portugues Orlando Pompeu que baixo o título de “Río sen margens” realiza un amplo percorrido pola producción deste prestixioso artista portugués con trinta e nove obras-
Orlando Pompeu naceu en Cepaes, no concello de Fafe, perto de Braga, onde hoxe reside e onde está a piques de crearse a Fundación Pompeu para salvaguardar a obra deste artista. O pintor estudiou deseño e pintura no Instituto Parramón, de Barcelona. Posteriormente fixo un curso de pintura e escultura en Porto. No ano 1978 foise a Paris onde continuou os seus estudios e a súa pintura. Residiu en Nova Cork, Tokio e de novo Barcelona ata retornar definitivamente á su aterra natal.
Orlando Pompeu está, na actualidade, representado en coleccións particulares e públicas de Portugal, España, Francia, Inglaterra, Brasil, EEUU e Xapón.
Para a concellería de Cultura do Concello de Tui, que dirixe Moisés Rodríguez Pérez, a realización desta exposición é toda unha honra para a nosa cidade pois permite que os tudenses poidan achegarse á contemplación dunha obra artística de calidade recoñecida internacionalmente. Por outra banda, esta mostra contribuirá de xeito eficaz a profundizar no mutuo coñecemento entre galegos e portugueses, a compartir a actividade cultural, a promover a cooperación entre ambas banda do rio Miño.
A exposición estará aberta ata o vindeiro día 3 de febreiro de 2007.

“La pintura polimórfica de Orlando Pompeu es un intento constante de invención de tales formas, en un discurso visual con propensión abstractizante, sin dejar de ser figurativo, cuyas variaciones geométricas resaltan de una estilización metafórica, en la que se puede leer, de una parte una tenue metamorfosis poética y, de otra, una ironía crítica. Cada composición a través de sus líneas y cromatismos caleidoscópicos, gana una iconicidad y un moviemento en permanente mutación, con su aromonia y su ritmo que le confieren un sentido a veces emblemático...” (Jose Augusto Seabra – Paris – xuño de 1996).