Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores no Conservatorio de música obradoiro sobre Beatbox

24/04/2012

Será impartido polo campión galego, Miguel González Diz

 

Mañá mércores, a partir das 20.30h, a Sala de Audicións do Conservatorio Municipal de Música do Concello de Tui acollerá un obradoiro – actividade sobre beatbox impartido polo campión galego desta especialidade, Miguel González Diz.

 

Ao longo deste obradoiro desenvolveranse os seguintes contidos:

  • Os inicios do beatbox e a súa traxectoria
  • Práctica dos seus sons, ritmos e bases

 

Acompañados de diversas presentacións e vídeos.

 

Para a concelleira de Educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta nova actividade o Conservatorio Municipal de Música amosa o seu carácter de centro vivo aberto ás novas expresións musicais que atopan tamén o seu lugar neste centro educativo.

 

A asistencia é libre para todas as persoas interesadas nesta expresión musical contemporánea.