Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mercores 28 de outubro conferencia sobre a gripe A

27/10/2009

PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE A GRIPE A

Tui acolle mañá mércores unha conferencia informativa sobre esta variedade do virus da gripe na Sala "Félix Rodríguez"

Martes, 27 de outubro de 2009. Mañá mércores 28 de outubro terá lugar na Sala Félix Rodríguez, ubicada no Edificio Área Panorámica, unha conferencia informativa sobre a Gripe A. A Conferencia, que ten un carácter principalmente informativo, está organizada pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Sanidade. A conferencia comezará ás 19:00 horas e será impartida pola doutora Hayda Bello Rodríguez.

O obxectivo é dar resposta a aquelas dúbidas que os cidadáns puideran ter en relación co tema da Gripe A, que está a preocupar á poboación aínda máis coa chegada das baixas temperaturas. 

O contido do relatorio, dunha hora de duración aproximadamente, versará sobre que é a gripe A, como se contaxia o virus, cales son os síntomas, en que período se pode contaxiar o virus, e cales son os denominados grupos de risco e demais cuestións relacionadas coa doenza.