Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 12.30h inaugúrase na Área Panorámica a II Mostra da Camelia Cidade de Tui

13/01/2017

Mañá sábado, 14 de xaneiro, ás 12.30h terá lugar na Sala de Exposicións Municipal de Tui, no edificio da Área Panorámica, a inauguración da II Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada polo concello de Tui coa colaboración dun grupo de persoas amantes da camelia coma son Mª José Fernández, Fernando Da Costa, José Carlos Montes e Antonio Luís Montes, así coma da Deputación de Pontevedra e da Sociedade Española da Camelia.

O acto correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, María José González, e da deputada de Emprego, Montserrat Magallanes. Actuará a continuación o grupo folclórico Seixos Albos de Areas.

Na mostra estarán presentes máis de 60 expositores que amosarán unha gran variedade de camelias e outros produtos relacionados. Poderá visitarse o sábado de 16.30h a 20.30h e o domingo de 10 a 14h e de 16 a 20h.